O coello, a toupa, o teixugo. Todos estes animais viven baixo terra. Algúns só no inverno, algúns todo o ano. Os animais son coma a xente: teñen diferentes preferencias e necesidades. Achégate ao reino animal e atrévete a formar parte del, anda que sexa un anaquiño. Convértete nun animaliño, verás que divertido! Neste libro atoparás cámaras soterradas e túneles para que os explores coas mans e cos ollos.